Os estudantes de hostalería de Boiro prepararon un almorzo de Nadal

13 Decembro 2019

O alumnado do Obradoiro de Emprego Hostalería Boiro III, que realiza o Concello e promovido polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia, estivo esta mañá servindo cafés, chocolates e doces típicos do Nadal no local multiusos do mercado municipal a toda a veciñanza que quixo achegarse. Así, os participantes nesta acción formativa repartiron desde as 11.00 horas máis de 100 racións de rosca, turróns, biscoitos, cafés e chocolates.

O Obradoiro de Emprego Hostalería Boiro III impártese no viveiro de empresas da localidade e consta dunha formación dual para os 18 alumnos que participan, a cal se divide nas modalidades de Operacións Básicas de Cociña e Operacións Básicas de Restaurante Bar.

Outros artigos

A ABE xa forma parte do Mapa de Emprendemento de Galicia

A patronal boirense (ABE) informou da súa integración no Mapa de Emprendemento de Galicia, unha iniciativa da Xunta que tenta reunir a todas as entidades, axentes, redes e recursos de emprendemento existentes na comunidade autónoma. Faino a través dun portal...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

Van aló máis de quince anos desque a Xunta, a través da consellería do Mar (antes, de Pesca) contempla o pasar do tempo mentras os mariscadores sachan, sementan e fan cálculos sobre as perdas económicas que supoñen os vertidos dos encoros e a carencia dunha política...

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

Pública e responsable. Así debe ser a Sanidade en España. Para esto, o Goberno derogará a lei aprobada por José María Aznar (a Lei 15/1997) que permitía o que, hoxe en día, está a acontecer: a privatización dun servizo público e universal que tanto custou e custa á...