O Concello de Ribeira licitou este venres 9 de xuño as obras de ampliación das pistas deportivas de Saamil, situadas na parroquia de Corrubedo. Con este proxecto preténdese mellorar, ampliar e adaptar a zona existente e para tal fin construiranse dous pistas de tenis (a base dun pavimento continuo de formigón poroso cun peche perimetral de malla galvanizada) e unha pista de calistenia de 16×16 metros con barra de dominadas dobre, monkey bar serpente, barra de flexións tripla e barras paralelas de dous niveis, entre outros elementos.

Ademais, construirase unha soleira de formigón de acceso á pista multideporte xa existente.
O prezo base de licitación ascende a 116.339,66 euros, IVE incluído, e o prazo de execución dos traballos é de dous meses.
A prazo de presentación de ofertas está aberto ata o 29 de xuño á medianoite a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia.
O investimento foi incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2022.



