A Ría de Muros Noia presume en TurexpoGalicia da calidade humana da a como valor engadido ao xeodestino

09 Xuño 2023

Está presente con dous stands en Silleda nos que promove a beleza da Ría de Muros Noia e as Carrilanas de Esteiro

A Ría de Muros Noia está presente estes días en Turexpo Galicia, o salón turístico da comunidade que se desenvolve no marco da Feira Semana Verde de Galicia. Ata o vindeiro domingo 11 de xuño, os dous stands instalados pola Ría de Muros Noia estarán a disposición dos preto de 100.000 persoas visitarán os distintos certames da feira silledense, entre os que se atopan milleiros de profesionais do sector turístico:
touroperadores nacionais e internacionais, axencias de viaxes, empresas de servizos turísticos, medios especializados…
A Ría de Muros Noia está representada en Turexpo Galicia con dous stands: un primeiro no que se recolle a beleza da ría a través dunha campaña fotográfica que pon o foco nas persoas e un segundo dedicado a poñer en valor as Carrilanas de Esteiro (Muros), declarada Festa de Interese Turístico Nacional (sendo o única festexo da Ría de Muros Noia con esta declaración a nivel nacional). Dous postos que foron visitados onte polo vicepresidente da Xunta, Diego Calvo; a conselleira do Mar, Rosa Quintana; o xerente da Fundación Semana Verde, Ricardo Durán, e a vicepresidenta da ARD Ría de Muros Noia e alcaldesa en funcións de Muros, Inés Monteagudo.
Baixo o título “A paisaxe humana máis fermosa”, a Ría de Muros Noia amosa unha fermosa recompilación de fotografías que poñen o foco nas persoas e que busca recoller o carácter especial da xente que vive nunha comarca que conta con lugares tan fermosos e cheos de historias e lendas como o Castro de Baroña ou o Monte Louro. En palabras de Inés Monteagudo: “é importante destacar a calidade humana da xente da nosa ría, que é un dos nosos valores ademais dos paisaxísticos. O calor humano é un factor importante á hora de escoller un destino e niso podemos destacar os nosos valores gastronómicos, patrimoniais, culturais e relixiosos”.
O segundo stand está dedicado a promover as Carrilanas de Esteiro, festa de interese turístico nacional que terá lugar os vindeiro s 14, 15 e 16 de xullo en Muros. Un evento que este ano celebrará a edición número 35 do gran premio de carrilanas, onde estes bólidos artesanais baixan a gran velocidade pola costa de O Maio cubrindo un circuíto duns 2 quilómetros de lonxitude. Unha carreira complementada por un festival musical de entrada gratuíta, que este ano presenta un cartel con grupos como Tanxugueiras, Baiuca, Grande Amore, Fillas de Cassandra, Boyanka Kostova, Monoulious DOP, Familia Caamagno, Cool Nenas, Las Montagne & Picoamperio, La Quinkillada e Pablo Balseiro.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.