Noia achega este verán conciliación por partida dobre

07 Xuño 2023

O Concello de Noia, a través da concelleira de Deportes, Laura Salgado, presentou os detalles de dúas actividades municipais encamiñadas a achegar lecer, deporte e creatividade á rapazada en tempo de vacacións ao tempo que se fai máis doado nas familias harmonizar tempo libre e traballo.

Trátase do Campamento Urbano de Verán e máis de Concilia de Verán, que abriron este luns 5 de xuño os seus respectivos prazos de inscrición. Segundo fixo saber a edil, Concilia De Verán está aberto a acoller a calquera rapaz da vila, pertenza ou non ao centro educativo onde se levará a cabo a actividade.

Campamento Urbano de Noia 2023

Do 3 de xullo ao 11 de agosto.

Quenda 1: do 3 ao 14 xullo

Quenda 2: do 17 ao 28 xullo

Quenda 3: do 31 de xullo ao 11 de agosto

Pavillón Agustín Mourís

Horarios:

08:30 a 09:30: Madrugadores.

09:30 a 14:00: Campamento

14:00 a 15:00: Recollida tardía

Concilia de Verán

Do 23 de xuño ao 7 de setembro.

Quenda 1: do 22 ao 30 de xuño.

Quenda 2: do 3 de xullo ao 11 de agosto.

Quenda 3: do 14 de agosto ao 8 de setembro.

Horarios:

07:30 a 10:00: Madrugadores

10:00 a 14:00: Campamento

14:00 a 15:00: Recollida Tardía

Inscricións na Casa do Concello, no rexistro de entrada en horario de 09:00h a 14:00h ata o 15 de xuño. Tamén por sede electrónica.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.