Alumnado de Boiro coñece o funcionamento do Concello

13 Decembro 2019

Os escolares de varios centros educativos de Boiro visitaron as instalacións do Consistorio para coñecer as dependencias municipais e saber de primeira man como se traballa nelas, ademais de coñecer ao alcalde e concelleiros, expoñéndolle as súas peticións e propostas sobre inquedanzas e melloras no municipio. Concretamente, esta semana foi a quenda dos estudantes de primeiro e segundo de Primaria do CEIP Escarabote, os de sexto do CEIP de Cespón e os de primeiro e segundo do CEIP Santa María do Castro.

Así, durante a visita coñeceron onde está e como se traballa no Arquivo Municipal, o Departamento de Medio Ambiente, as Oficinas Xerais, o Departamento de Urbanismo, a Oficina de Turismo, as dependencias da Policía Local, a Alcaldía e despachos dos concelleiros, a Sala de Xuntas e Comisións e o Salón de Plenos.

O alumnado do CEIP Cespón, ademais da visita polos distintos departamentos, reuniuse co alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, na Sala de Xuntas e Comisións para facerlle preguntas e suxestións sobre as súas inquedanzas. No Salón de Plenos, dividíronse en diversos grupos, asignaron un rexedor e uns edís e fixeron un simulacro dun pleno debatendo as súas propias propostas.

Os estudantes dos referidos centros tamén tiveron a oportunidade de falar co alcalde e concelleiros, transmitíndolle as súas dúbidas e aportacións para o municipio coma, por exemplo, a incidencia na limpeza de praias e rúas ou o coidado das persoas con menos recursos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...