Compostela acolle este sábado un encontro polo primeiro aniversario de O libro negro da lingua galega, de Carlos Callón

05 Xuño 2023

Esta fin de semana faise un ano da chegada ás librarías do primeiro volume que fai un repaso á historia da represión do idioma galego ao longo dos séculos: O libro negro da lingua galega, de Carlos Callón (Castiñeiras, Ribeira, 1978). Para festexar este aniversario, A Casa do Taberneiro (rúa de San Pedro, 15, Santiago de Compostela) vai acoller un acto de celebración, no sábado 10 de xuño ás 12h.

No evento, ademais do autor, participarán a actriz e comunicadora Neves Rodríguez e o avogado Héctor López de Castro (coñecido tamén polo seu perfil no Twitter, @Cascarelo). Segundo lembra o autor, “O libro negro da lingua galega tivo unha “excelente” recepción desde a súa saída, mesmo “inesperadadamente boa para un traballo de case 800 páxinas e que pesa un quilo cen gramos. Eu acho que esta acollida non se pode explicar sen a propia situación en que está o galego, que fai máis preciso un estudo coma este, pois responde con datos contundentes a toda a propaganda que nos botan ás costas”, indica Callón. A través destas páxinas, engade, “a longa restras de castigos, imposicións, queimas e barreiras ao longo dos séculos, mostra que o Estado español ten unha débeda histórica co galego, e esa débeda debe saldarse”.

Doce meses despois, o volume vai xa pola súa cuarta edición e foi motivo de 45 actos de presentación tanto por diferentes puntos da xeografía galega como máis alá: Bruxelas, Lisboa, Madrid, Rio de Janeiro, Salvador da Bahia ou Niterói acolleron encontros para falar sobre as súas páxinas. 2.771 persoas xa participaron destes lanzamentos.

Para alén do acto en Santiago do día 10 de xuño, nesta fin de semana realizaranse encontros polo mesmo motivo en Boiro e na Coruña (nesta última cidade están previstas dúas visitas guiadas, para as cales é preciso anotarse no seguinte correo: roteirosdolibronegro@gmail.com). Estes eventos, promovidos pola Deputación da Coruña, contan co apoio da Asociación Cultural O Galo, da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, da libraría de Rosa, da libraría Pedreira, de Edicións Xerais e da Mesa pola Normalización Lingüística.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.