Confirmada a localización en augas de Terranova do pecio do illa de Pitanxo

04 Xuño 2023

Antón Luaces.- A estrutura metálica detectada en augas terranovenses polo buque Ártabro a unha profundidade da que aínda non se informou oficialmente pero que se estima pode ser de 800 metros, correspóndese co buque arrastreiro da armadora marinense Nores “Villa de Pitanxo”. O pecio atópase perto do lugar que se barallaba como aquel no que se producira o afundimento do pesqueiro o 15 de febreiro de 2022 (46º 40` 32”Norte-46º 36´ 27” Oeste) e onde o Artabro realiza traballos de localización mediante un sonar de varrido lateral que ven de dar os seus primeiro resultados.

Os submerxibles do Ártabro tomaron imaxes do “Villa de Pitanxo” nos labores desenvolvidos entre o venres e o sábado pasados na posición que, segundo o AIS do arrastreiro afundido, era a sinalada nas coordernadas citadas e que agora determinan a desexada confirmación de que esa estrutura metálica corresponde coa do pesqueiro de Marín.

Os traballos a seguir van centrarse  na filmación do pecio e, unha vez realizado este labor, poderá procederse a determinar as causas do naufraxio, nunca suficientemente clarexadas polo patrón e o seu sobriño (dous dos tres sobreviventes) e que, en moitos casos se contradicían coas ofrecidas polo mariñeiro Samuel Kwesi, natural de Ghana e residente en Galicia.

Un dos rov do Ártabro baixará novamente ao pecio para, achegándose todo o posible a este, realizar novas gravacións con imaxes que permitan -se

é posible facelas- e aportar novos datos á investigación que se leva a cabo en dúas frontes: a xudicial e a técnica e das que toma boa nota a  CIAIM (Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos),  órgano dependente do Ministerio de Transportes.

Na mencida do 15 de febreiro de 2022, o arrastreiro de Marín “Villa de Pitanxo” naufragaba a unhas 300 millas da illa de San Xoan de Terranova. Aquí perderon a vida 21 dos seus 24 tripulantes.

Ata este punto, a base da información facilitada polos tres sobreviventes, información en moitos casos contradictoria, especialmente a ofrecida por Juan Padín, patrón do buque siniestrado e o seu sobriño, mariñeiro do mesmo barco, Eduardo Rial. O terceiro en discordia é o tamén mariñeiro Samuel Kwesi, natural de Ghana.

Paralelamente á actividade técnica desenvólvese a xudicial, na que é de salientar que durante a instrucción do caso o xuiz tomou declaración a Juan Padín, na súa condición de imputado; ao sobriño deste mariñeiro do mesmo buque, Eduardo Frial, e ao tamén mariñeiro Samuel Kwesi. En callidade de testemuñas. Os tres son, como xa se dixo, os únicos sobreviventes da traxedia vivida vai  15 meses.

Unha investigación xudicial que ten como orixe a versión dos feitos acontecidos no “Villa de Pitanxo” na noite de autos, especialmente a de Kwesi. En moitos aspectos distinta a dos outros dous tripulantes (sobriño e tío) a partir das que nacen certas discordancias no desencadeamento dos feitos.

O que fora patrón do arrastreiro, Juan Padín, ten prohibido xudicialmente sair de España. Fóille retirado o pasaporte e debe respectar a medida cautelar de se presentar quincenalmente en sede xudicial, coa obriga engadidia de estar  permanentemente localizado.

A inspección a realizar polo robot poder determinar que foi o que aconteceu aquel 15 de febreiro de 2022. En definitiva, dispoñer da primeira proba para avanzar nun caso que as familias das víctimas queren ver resolto canto antes.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...