Santiago vive este sábado a toma de posesión do novo arcebispo, Monseñor Francisco José Prieto Fernández

02 Xuño 2023

Tras dous anos da súa ordenación como bispo auxiliar de Santiago, Francisco José Prieto Fernández (Ourense, 1968) este sábado 3 de xuño ocupará a cátedra compostelá para a que foi nomeado polo papa sucesor de Monseñor Julián Barrio Barrio como novo Arcebispo Metropolitano de Santiago de Compostela.

O acto de toma de posesión terá lugar este sábado as 11 da mañá na Catedral Metropolitana de Santiago. O acto contará con presenta de 30 bispos e estará limitado á presencia de 800 persoas que solicitaron previamente a asistencia e contará con representación da sociedade galega en todo los aspectos.

Coa toma de posesión de Monseñro Prieto Santiago contará amais cun arcebispo emérito Monseñor Xuñián Barrio Barrio que ocupou o cargo desde 1996, transcurriron pois 27 anos e 98 días desde a súa toma de posesíon.

A chegada de Francisco Prieto a Santiago como bispo auxiliar produciuse no 2021, para cubrir a vacante deixada polo anterior auxiliar, Jesús Fernández, nomeado bispo de Astorga, e para reforzar a cúpula da Igrexa galega precisamente para a celebración do ano santo. Prieto, que anteriormente desenvolvera a práctica totalidade da súa traxectoria en Ourense, recibiu a mitra na Catedral de mans de Julián Barrio o 10 de abril do 2021, polo que leva menos de dous anos no cargo, o que determinaba a priori unha circunstancia, a súa curta experiencia, que xogaba na súa contra de fronte ao ascenso.

Francisco José Prieto é licenciado en Teoloxía Patrística pola Facultade de Teoloxía da Universidade Gregoriana de Roma (1992-1994) e doutor en Teoloxía Bíblica pola Facultade de Teoloxía da Universidade Pontificia de Salamanca (2008). O 28 de xaneiro de 2021 o papa Francisco nomeouno bispo auxiliar de Santiago. A súa ordenación episcopal tivo lugar o sábado 10 de abril. Anteriormente, Prieto desenvolveu o seu ministerio pastoral na diocese de Ourense. Alí era, ata o momento do seu nomeamento en Santiago, capelán do mosteiro de San José (Clarisas) e vigairo episcopal para a Nova Evanxelización de Ourense. Compaxinou esta actividade pastoral coa docencia no Instituto Teolóxico Divino Mestre de Ourense como profesor de Patroloxía e Orixes do Cristianismo; de Metodoloxía Científica, de Cristoloxía e de Marioloxía. Foi profesor convidado no Instituto Teolóxico Compostelán e director do Centro de Ciencias Relixiosas San Martín en Ourense.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.