Lousame abrirá do 5 ao 12 de xuño o prazo de inscrición no programa Concilia Verán 2023

02 Xuño 2023

O Concello de Lousame abrirá do 5 ao 12 de xuño o prazo de inscrición no programa Lousame Concilia Verán 2023, iniciativa municipal para a conciliación da vida familiar e laboral que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto. Un programa dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade, que desfrutarán de divertidas actividades nas instalacións do CPI Cernadas de Castro, en horario de 9:30 a 14:30 horas.

Segundo confirmou o Concello, os prezos non varían con respecto a anos anteriores. No caso das familias que opten pola inscrición para todo o verán, o prezo será de 15 euros/mes. Para anotarse só terán que descargar e cumprimentar o impreso correspondente, que poden recoller nos Servizos Sociais de Lousame ou descargar na web municipal (www.concellodelousame.gal). Máis información nos Servizos Sociais de Lousame ou no 981 820 494.

O Concello engade que no caso de haber máis demanda que prazas, aplicarase un baremo para a admisión no que os nenos/as empadroados/as no municipio recibirán 8 puntos, mentres que as familias cunha renda per cápita anual menor a 6.000 euros recibirán 2 puntos e as entre 6.000 e 10.000 euros, 1 punto. Amais, outorgarase 1 punto ás familias monoparentais, familias vítimas de violencia de xénero, muller en situación de desemprego de longa duración, muller maior de 45 anos ou familia con outras cargas relacionadas cos coidados. En caso de empate, aplicarase o criterio da orde de inscrición, seguindo o número de entrada da solicitude no Rexistro Municipal. As solicitudes que non obteñan praza pasarán á lista de espera.

Lousame Concilia está organizado pola Concellería de Igualdade de Lousame e conta coa colaboración da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e do Programa Corresponsábeis do Ministerio de Igualdade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.