A Liga Galega de Break fai parada este sábado en Noia

02 Xuño 2023

Este sábado 3 de xuño a Alameda de Noia acollerá unha das paradas da Liga Galega de Break impulsada pola Xunta de Galicia. Pola mañá de 12:30 h a 13:30 h será a queda dos obradoiros formativos no espazo da xuventude (espazo xove), xa pola tarde de 16:00 h a 17:00 h celebrarase o rexistro de participantes. A cita conta coa colaboración da Asociación Vella Escola e do Concello de Noia.

A Liga Xunta de Galicia de Break é un programa para a mocidade consistente nun circuíto de competición composto por un total de 10 eventos espallados por toda a xeografía galega. Poden participar na liga, en calquera dos formatos e categorías de competición previstas, todas as persoas que teñan 6 ou máis anos. A competición vai dirixida a practicantes de Break de iniciación e tamén a avanzados, que poderán participar nas correspondentes categorías diferenciadas por nivel técnico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...