Municipais 2023: O BNG inicia unha rolda de contactos na procura “dun tempo novo para Ribeira”

02 Xuño 2023

A asemblea do Bloque Nacionalista Galego de Ribeira reuniuse este xoves día 1 de xuño para analizar os resultados electorais deste pasado domingo 28 de maio e explorar vías de acordo.

A militancia do BNG valorou “positivamente” o “amplo respaldo acadado nestes comicios”. O responsábel local, Xabier Vidal, agradeceu o apoio da veciñanza “por situarnos como segunda forza no municipio e principal alternativa ao goberno actual”.

Un tempo novo
Trala análise dos resultados, acordouse, por unanimidade, “iniciar unha rolda de contactos cos distintos grupos políticos para propiciar un cambio de goberno co que abrir un tempo novo”.

A respecto do devandito o portavoz e candidato á alcaldía, Luís Pérez Barral, declarou que “os resultados das votacións demostran que existe unha maioría opta polo cambio en Ribeira”. Nese sentido, declarou, “no BNG asumimos ese mandato popular con xenerosidade, humildade e lealdade para tratar de chegar a un entendemento frutífero cos grupos”.

E explicou: “Imos tender a man aos grupos para falar do que nos une, antepoñendo os intereses da veciñanza ribeirense por riba de todo. Traballaremos arreo, xunto con todo o equipo e cos distintos grupos que decidan abrir ese tempo novo de cambio en positivo e de esperanza que Ribeira precisa”.

Cruz Rivadulla e Luís Pérez Barral na sede do BNG en Ribeira nunha imaxe de arquivo

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.