A Deputación da Coruña apoia a 21 agrupacións de Protección Civil

13 Decembro 2019

A Deputación da Coruña apoia este ano con 143.000 euros a actividade de 21 agrupacións de Protección Civil da provincia da Coruña para “fomentar a importante labor e o gran servizo público que prestan, especialmente no ámbito rural, os voluntarios destes servizos”, entre elas a de A Pobra e O Son.
O BOP publicou a concesión dunha das liñas de subvencións dirixidas a
asociacións e agrupacións de Protección Civil dos concellos de menos de
20.000 habitantes da provincia. Esta liña supón axudas por importe global de 59.800 euros das que se beneficiarán as agrupacións de Dumbría, Porto do Son, Mazaricos, A Laracha, Coristanco, Muros, Oroso, Val do Dubra e a
Asociación de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil.
Esta cantidade súmanse ás axudas para investimentos xa concedidas, por
importe de 83.234,85 euros, coas que outras doce bases reciben este ano a
axuda da Deputación para adquirir novos equipos, ferramentas e elementos de transporte e comunicacións necesarios para desenvolver a súa labor en rescates e intervencións.
Nesta convocatoria, as agrupacións que contaron co apoio da Deputación foron as de Carral, Zas, Bergondo, Xallas, Abegondo, Vimianzo, Vedra, Betanzos, Muxía, A Pobra do Caramiñal, Vilasantar e Negreira.

Agrupacións de Protección Civil provincia A Coruña

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.