“Tía Manuela: Puideron acordar antes”. Luís Celeiro

31 Maio 2023

Os paisanos do meu pobo traballaban tranquilamente e os/as que andaban na política, descansaban, durmían a sesta tranquilamente, algúns deles roncaban e soñaban, mentres tanto, outros agardaban que chegara o peor e chegou. O vento batía nas árbores e pasaba ou rebotaba, como rebotan as pelotas inchadas cando xogas con elas. Era unha auténtica revolución, un tsunami que arrasaba todo, os falares, as agardas, as perspectivas e, incluso, as correrías e demoras. Cando uns saboreaban a vitoria e o triunfo dos seus, outros malamente dixerían a derrota que, a pesar dos disimulos, é moi mala de asimilar.
Achéganse ao escenario renovadores que nunca anovaron nada, outros que non cambiaron nin traballaron e os que veñen coa boca chea de benestar e vanse correndo cara a ningures.
Van buscar un lugar para descansar, como se todo fose coser e cantar. Pero, agora non poderán facelo. Hai que volver a empezar, abrir a caixa dos tronos e todos, toda a cidadanía a escoitar e a ver tronar.
Agora non, as convocatorias non deixan tempo para nada. Detrás das pasadas eleccións, teñen outras a modo de sorpresa, tal como se quixesen mitigar os seus efectos non desexados. Outras convocadas, co prazo legal, xusto e suficiente, para agrandar as posibilidades, para que todos os homes e todas as mulleres cheguen a tempo a votar.
Sempre hai que votar pola mellor opción, aínda que sexa sen saber cal é, sen pensalo e sen nada máis.
Todos os que se presenten ofertaran e exhibiran as súas razóns como as mellores. E vostedes, amigas e amigos lectores, que pensan? Haberá razóns que convenzan e haberá outras moi apropiadas para seren rexeitadas, segundo o pensamento, a ideoloxía, a formación e os intereses de cadaquén. Pero cando un pobo vota con liberdade, non hai nada que protestar. E, como dicía Clara Campoamor, “a liberdade apréndese exercéndoa”.
Agora xa foi, Marica non chores, aínda que parece correcta a observación da Tía Manuela, para non perder tanto tempo, xa puideron acordar antes e facelas, sen medo, todas xuntas, no mesmo mes e no mesmo día”. Puideron acordar moito antes, aforrar tempo e reducir o gasto público. Se o fixeran, todo sería máis aquelado, como se fose deseñado polo sentidiño, que non é outra cousa máis que a aplicación directa e o aproveitamento do sentido común.
Cando o pobo vota libremente, os políticos deben calar e teñen que acatar as decisións das urnas, o mandato dos cidadáns, que saben moi ben o que queren e o que lles convén.
Despois das eleccións chegarán tempos novos e de esperanza, con sabor a frescura, con espazos preparados para a solidariedade e a cooperación, para a reflexión e para a razón.

Outros artigos

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...

+

“Xúbilo de xubilado”. Xulio Xiz

En tempos, o Servizo Militar era para os rapaces, mais ca oportunidade de ver mundo e cerimonia de iniciación á vida de maiores, corte no estudo ou no traballo para mergullarse nun mundo hostil difícil de entender. Librei da Mili polos peores motivos (físicos e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Grave non, o seguinte”. Antón Luaces

“Grave non, o seguinte”. Antón Luaces

Este venres foi o cumpreanos do meu fillo máis novo. Cadra o aniversario coa celebración do Día Internacional da Liberdade de Prensa, cuestión que sempre lembro, ao igual que me pasa coa segunda das fillas, que cumpre anos no Día Mundial da Radio. Son feitos que,...

“Energía positiva a los cien años”. José Castro López

“Energía positiva a los cien años”. José Castro López

Mario Benedetti nos dejó el poema “Aquí no hay viejos”, un canto a la vejez que elpoeta entiende como un regalo que nos carga de experiencias y saberes envueltos en unmontón de recuerdos del ayer. “Aquí no hay viejos, solo que nos llegó la tarde, unatarde cargada de...