“Recendos e lembranzas de quen se foi nunha noite de maio”. Antón Luaces

30 Maio 2023

A brétema que me chegou dos Balieiros deixou desta vez recendos de lembranzas de mares lonxanos nun Corrubedo tan absolutamente valeiro que me resultou descoñecido: a pasada semana deixou as súas andainas diarias por rùas, camiños e estradas desa parroquia de Santa María de Corrubedo un antigo mariño que embarcara por primeira vez en Rotterdam, vai máis de 60 anos, nun buque noruegués a bordo do que percorreu numerosos portos do norte de Europa, Rusia, Xapón, Canadá, USA, e que rematou a súa vida profesional nun estaleiro de Euskadi que lle transmitiu o veleno do amianto, causa do seu pasamento por adventose.

Fóise un gran conversador, un  lector empedernido, un home feito a sí mesmo, experimentado en mil batallas, pai de familia numerosa namorado do seu xardín -ao que coidaba con mimo diario- e loitador empedernido contra as toupas que lle “perforaban” o céspede.

Falangueiro coma o que máis, nunca renunciou á controversia aportando a esta experiencias e datos, unhas veces con razóns, outras admitindo o descoñecemento ou a escaseza de aportacións na materia que se trataba.

Nacido en Las Palmas de Gran Canaria en 1946, viviu en Ribeira ata que foi traballar a Euskadi, onde se xubilou para vir, definitivamente, residir nunha casa situada na estrada de acceso a Corrubedo. Aquí finou aos 77 anos, acariñado pola súa compañeira “de toda a vida”, os seus seis fillos e algúns dos netos,

Para min, un amigo inesquecible que, de neno, demandaba que lle “contara un conto” antes de dormir. Compartiamos cuarto na casa dos nosos pais, en Ribeira. Eramos irmáns. Para algúns era Jose; para a familia e os vellos amigos, Pepín. Afeccionado ao fútbol, era seguidor do At. de Bilbao, o Deportivo da Coruña e o Celta de Vigo.

Non renunciaba a un  Mencía ou  Godello na compaña dos amigos e/ou a familia e poucas veces o vin sentado nun bar, agás no caso de xantar neste cos seus.

Agora o aire de Balieiros leva recendos de nostalxia, de perda irreparable, e Corrubedo deixa no camiño un dos seus máis afervoados veciños: Pepín, meu irmán, meu amigo de sempre. Descansa en paz,  canario de Galicia.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.