Dúas distancias alternativas na décima Ruta BTT do Nadal ‘Concello de Ribeira’

12 Decembro 2019

A décima edición da Ruta BTT do Nadal chega o domingo 29 a Ribeira coa aspiración de repetir os case 500 participantes que concorreron o ano pasado a esta cita. A actividade foi presentada pola concelleira de Deportes, Juana Brión, e por Eduardo Iglesias en representación de Arousa NeO.

Este evento deportivo partirá ás 09.00 horas do polideportivo da Fieiteira coa posibilidade de completar dous percorridos alternativos de 44 ou 27 quilómetros. Neste senso, o trazado será común nun primeiro tramo que descorrerá polo monte de San Alberte, o cruceiro de Moldes, Sobrido, Olveira e o dolmen de Axeitos. Neste último punto, no que haberá un primeiro avituallamento, os da ruta máis longa proseguirán por Olveira, o monte Tahume, os campos de Teira, monte Facho e volverán cara Axeitos, onde estará habilitado un segundo avituallamento e ademais empalmarán coa ruta máis curta. O último tramo, compartido entre ambas, pasará pola senda do río Arlés ata Muíño de Correa, Gude e Monte Cidá, desembocando novamente no complexo da Fieiteira.

A chegada dos ciclistas está programada para entre as 13.30 e as 14.00 horas e na meta poderán desfrutar dun “contundente avituallamento”, segundo apuntou Eduardo Iglesias. Ademais, haberá sorteos e regalos como vén sendo habitual. Tal e como manifestou a edil Juana Brión, unha maneira de “despedir o ano deportivamente.”

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata a medianoite do 26 de decembro, cun custe de 6 euros. Polo de momento xa hai máis de 180 anotados, aínda que as expectativas establécense en achegarse aos 500, o tope máximo. Os interesados poden formalizar a súa participación na páxina www.ranckr.com ou a través dun enlace habilitado desde a web www.riveira.gal.

Desde a organización tamén se destacou a cooperación da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, da Policía Local e voluntarios da Asociación de Veciños de Carreira.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.