Os 14 alumnos que integran a Aula Galega de Saxofón do Conservatorio Municipal de Música Enrique Paisal pecharon este curso 2022-2023 cun encontro final.
Os concertos de clausura tiveron lugar o venres 19 ás 20.00 horas e o sábado 20 ás 19.00 horas. Ambos recitais estiveron protagonizados polo alumnado e, cada un deles, pechouse cunha pequena intervención do profesor titular, Xabier Casal, e o pianista Brais González. A Aula Galega de Saxofón voltará na súa XVI edición no mes de outubro.




