Este xoves reactívase a alerta laranxa no mar por temporal e ondas de 7 metros

11 Decembro 2019

Malia que hoxe pola mañá foi unha mañá relativamente tranquila en termos climáticos, todo apunta a que o tempo vaise complicar este xoves, coa entrada dunha fronte e dun novo temporal costeiro que vai afectar a todo o litoral galego, primeiramente á Coruña e Lugo e logo tamén a Pontevedra. A peor parte, como de costume, levarana as contornas máis expostas ao suroeste (pola mañá) e aos ventos do oeste (pola tarde e noite). As ondas poderán chegar ata os 7 metros (mar combinada do noroeste), tendo especial incidencia na Costa da Morte e, como vén sendo costume, no litoral máis externo de Barbanza. A Xunta decretou a alerta laranxa por chuvias no interior e temporal costeiro en toda franxa marítima.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia aconsella este xoves a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como “medida preventiva naquelas zonas máis perigosas, así como extremar as medidas de seguridade”. Tamén se recomenda a interrupción das actividades de lecer e que fiquemos lonxe da liña de costa e das praias e paseos marítimos co “fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos”. Polo tanto, é preciso que evitemos achegarnos a diques, rompentes, espigóns, peiraos e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar e vixiar posíbeis caídas de obxectos de balcóns e xanelas.

Para información máis actualizada e completa podemos visitar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal) , que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.