Concluída a renovación da cuberta do pavillón de Sirves, en Olveira

11 Decembro 2019

As obras de renovación da cuberta do pavillón polideportivo de Sirves, na parroquia ribeirense de Olveira, acaban de concluír. Os operarios da empresa Marqués de Marancán, S.L. foron os encargados da realización desta intervención, cuxo investimento ascendeu a 42.342 euros, IVE incluído, estando cofinanciada pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, ao abeiro da orde do 18 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalación e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas aos concellos de Galicia para o ano 2019.

Conforme ao proxecto técnico elaborado polos servizos do Concello, o pavillón tiña en liñas xerais un bo estado de conservación pero rexistraba episódicos problemas de filtracións de auga de chuvia que deixaban en ocasións a pista impracticable. Por tal motivo, o Concello procedeu a renovar a cuberta desmontando a anterior, previa instalación dos elementos de seguridade, para montar a nova a base de panel sandwich nervado, de 30 milímetros de espesor, formado por dúas chapas de aceiro prelacado con illamento entre ambas de espuma de poliuretano ríxido. Logo procedeuse ao remate da cuberta para a colocación de canalón na fachada principal, así como a apertura de ocos na fachada norte e colocación de fiestras.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.