O sábado 3 de xuño celébrase unha nova edición da Mostra da Escola de Teatro Airiños

20 Maio 2023

Novamente chega esta primavera unha nova edición da Mostra da Escola de Teatro Airiños 2023, impulsada pola histórica agrupación teatral de Asados (Rianxo) que, por certo, está mergullada na celebración do seu 90 aniversario. Será o sábado 03 de xuño ás 20.00 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Consistirá na representación de dúas pezas teatrais:

En primeiro lugar, as talentosas Teatrinclis de Airiños, con Irea, Julia, Kyara e Cloe á fronte, deleitarán ao público con Uns contos contiños, unha colección de contos cativadores que nos transportarán a mundos cheos de fantasía e diversión.

Ademais, o Grupo Patakamakabra encargarase de presentar Rapsodia de Elas, unha obra que carrexará aos asistentes a un fascinante percorrido polos mitos máis intrigantes. O elenco está conformado por Sara Rial, María Alcalde, Celia Blanco, Carla Vicente, Sara Rodríguez, Laura González, Lara Lapa, Elsa Vidal, Álvaro García, Katia Lojo e Noelia Fernández.

A entrada será de balde ata completar a capacidade do Auditorio.

As persoas interesadas poderán recoller as súas entradas na billeteira do Auditorio a partir dunha hora antes do evento.

A mostra da Escola de Teatro Airiños conta coa organización do propio Teatro Airiños e a colaboración do Concello de Rianxo.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.