O presidente do Partido Popular na provincial da Coruña, Diego Calvo, aproveitou hoxe a súa presenza na comidad-mitin organizada polos populares de Rois para pedir o voto para Ramón Tojo, convencido de que o candidato local ten moito que achegar ao futuro dun municipio que “debe que seguir avanzando”.
Arroupado por numerosos simpatizantes e militantes do Partido Popular de Rois e acompañado polo secretario xeral, Evaristo Ben, o líder dos populares detívose no a decision de Ramón Tojo de incorporar a xente nova na súa candidatura. “O único obxectivo que temos é seguir facenda de Rois un lugar mellor para vivir, a nosa lista non entende de sumas, nin de calculos para facerse cun oco no goberno, nós só entendemos de servir aos nosos veciños”, dixo.
Calvo detívose neste feito e puxo en valor a “xenerosidade” mostrada polas persoas que, a pesar de non ir agora nos postos altos da lista seguen nela. “No Partido Popular somos así, sabemos que poñerse esta camiseta é máis difícil que calquera outra porque se nos esixe máis que ao resto, pero só movémonos polo ben común e non polos intereses particulares”.
Neste sentido, o presidente provincial recordou a mala experiencia que supuxo no pasado o goberno de socialistas e nacionalistas. “Pídovos o voto para Ramón, pero tamén para todos vós. Aquí ninguén quere lembrar o que sucedeu cando o PP non estivo á fronte do concello, todos preferimos quedarnos cos avances que chegaron da nosa man, infraestruturas, depuradora, senda peonil a Cortizo, ademáis da rapidez coa que se fan as cousas”, explicou.
Ademais de chegar a estes comicios avalado pola gran xestión á fronte do goberno municipal durante este tempo, Calvo afirmou tamén que a Ramón Tojo quéreno “por como é, por como se comporta coa xente, por como trata á xente e porque é un máis entre os veciños de Rois”, e incidiu en que “Ramón é deses alcaldes que non se casa con ninguén e que cando ten que pedir algo para o seu concello faio con independencia da porta á que teña que chamar”.
Primeira volta das xerais
No seu discurso, Calvo referiuse tamén á importancia que, ao seu xuízo, terá a cita do próximo 28 de maio. “Ese día xogámonos moito en todos os concellos, pero tamén en España”, apuntou o popular, quen non dubidou en asegurar que os resultados municipais veranse como unha primeira volta do que virá coas xeneral.
“Pedímoslle á cidadanía que pense no día seguinte das eleccións, cando por un puñado de votos pode gobernar un bipartito ou tripartito sen importar o número de concelleiros desas formacións unidas soamente para impedir un goberno do PP aínda que sexamos a forza máis votada”, recordou Calvo.
Por ultimo, o presidente popular salientou que o PPdeG está á alza e que os seus candidatos e candidatas se presentan “sen ningunha hipoteca e sen ningunha outra aspiración que ofrecer solucións aos problemas da cidadanía”.




