A Deputación concede 800.000 euros para o mantemento de centros de 43 entidades sociais da provincia

19 Maio 2023

A Deputación da Coruña destina este ano 799.579 euros para o mantemento de centros de servizos sociais da provincia ao longo deste ano. No Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicouse hoxe a listaxe definitiva das entidades sen fins de lucro beneficiarias destas axudas.

Un total de 43 asociacións da provincia contarán con estas subvencións para o mantemento dos seus centros. As contías outorgadas oscilan entre un mínimo de 3.000 euros e un máximo de 33.000 euros.

Albergues, centros de día, de rehabilitación psicosocial e laboral, ocupacionais, de acollida, de inclusión social, de menores e vivendas comunitarias son algunhas das instalacións que se manteñen a través deste programa provincial, que complementa á liña de mantemento de programas sociosanitarios publicado a semana pasada e no que a Deputación inviste outros 500.000 euros.

A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, destaca o “labor fundamental que exercen para a sociedade estas entidades, dando un servizo imprescindible aos miles de usuarios e usuarias, persoas con diversidade funcional, en risco de exclusión social, maiores… e tamén ás súas familias”.

Entre as axudas para a comarca están:

-Beneficiario: ASOCIACION GALEGA PARA AXUDA DOS ENFERMOS CON DEMENCIA TIPO ALZHEIMER
Obxecto: EP-3 CENTRO DE ATENCIÓN DIÚRNA – MANTEMENTO CENTRO DE DÍA ALZHEIMER RIBEIRA 29.392,17€

Beneficiario: ASOCIACION AMBAR DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL
Obxecto: ED-6 Vivendas Tuteladas. “VIVENDA CON APOIO AMBAR” 15.298,80

-Beneficiario: ASOCIACION DISCAPACITADOS BISBARRA DE MUROS
Obxecto: ED-3 Centros ocupacionais. “CENTRO DE RECURSOS DE VALADARES” 20.282,50€

-Beneficiario: ASOCIACION SAUDE MENTAL A CREBA
Obxecto: ED-4 CENTRO DE REHABILITACIÓN PSICOSOCIAL E LABORAL. “A CREBA-NOIA: ACTIVIDADES DE REHABILITACIÓN PSICOSOCIAL E LABORAL PARA PERSOAS CON ENFERMIDADES MENTAIS SEVERAS E CRÓNICAS 28.178,64€

Listaxe de axudas concedidas: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2023/05/19/2023_0000003827.html

Outros artigos

A Deputación destaca no Freixo (Outes) o traballo das mulleres do mar

A deputada de Mar e Medio Rural da Deputación da Coruña, Cristina Capelán, reuniuse na Aula Sostible do Freixo coa Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro SEO Fisterra-Ría de Muros-Noia. No encontro, Capelán destacou o traballo das mulleres do mar para coidar os...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

A frase é do expresidente do Goberno socialista Felipe González Márquez. Rotundo, seguro, sabedor do que foi e do que é?. Pode que si.  Díxoo despois de que o expresidente do Congreso, José Bono, explicara nun mitin que non fixera o parvo, que a el o PSOE débelle...

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

Que dificil, Alfredo, ter as palabras xustas para despedirte.Pero como o teu eran as palabras e obras, e se as obras son amores, ás obras me vou a referir, para que os lucenses as recorden; para que os lucenses te recorden. El Progreso Lembras, Alfredo, - lembrabas, e...