“Exponente del romanticismo español: Rosalía de Castro”. Antón Luaces

17 Maio 2023

Aló vai o día, alá foi o sol. Aquí ven a noite, xa non ai na gaita aire no fol.

E digo eu, a onde vai a tola, “soñando coa eterna primavera da vida e dos campos, e ben pronto, ben pronto, terá os cabelos  canos, e ve tremendo,  aterida, que cubre a xeada o prado”. (Nunha tradución ao galego que me permito porque coido que compre facelo cando a celebración dese único día que teñen en Galicia as letras galegas morre como morre o sol no mar de Fisterra.

“Hay canas en mi cabeza,

hay en los prados escarcha,

mas yo prosigo soñando, pobre,  

incurable sonámbula,

con la eterna primavera de mi vida

que se apaga

y la perenne frescura de los campos

y las almas,

aunque los unos se agostan y aunque

las otras se abrasan”.

Sí, Rosalía de Castro. Considerada como “exponente del romanticismo español” cando polos seus poros Galicia zugaba o zume das corredoiras e as campás dunha terra e un tempo na que ela mesma soñaba, tola e sonámbula, coa xeada dos prados.  Unha xeada que fai que unha alta porcentaxe de galegos esqueza a súa língua materna e celebre, ao mesmo tempo, o Día das Letras desa terra erma, queimada polo carazo, que só un día ao ano se decata de que, amáis do castelán, ten unha língua nai “na eterna primavera da súa vida que se apaga” e esmorece por falta de uso. Xa nin os veciños lusos nos entenden e ben que zugan o castelán na terra de seu. A xeada entrou na mochila de cada un de nós só por un máximo de vinte e catro horas.

Que diría, hoxe, don Paco del Riego ollando, como miope, a incerteza dun futuro que se xoga ao pau máis alto da baralla un de cada 365 dias do ano, ás veces 366?.

Se Cunqueiro pediu, tolo el no seu contido optimismo, mil primaveras máis para o galego, as letras galegas, pouco deixaría nas ringleiras que son sucos non uniformes de esperanzas, se vivir hoxe esa triste realidade que nos deixa en 2023 a celebración, un outro ano, da festa arrincada da faltriqueira do empecinamento franquista para podermos dicir, alto e claro, que aquí hai unha língua cando menos en pé de igualdade coa castelá.

Que non se “agoste”, que non se “abrase”, que a xeada dos prados non queime o de todos: a língua.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.