O BNG demanda  accións urxentes para frear o que considera grave “abandono e deterioro” do porto da Pobra do Caramiñal

16 Maio 2023

A portavoz de pesca do BNG, Rosana Pérez instou á Xunta a iniciar, de maneira urxente, accións de mellora, mantemento  e limpeza  no porto da Pobra do Caramiñal para frear “o grave abandono e deterioro” das instalacións.

Na defensa da proposición non de lei, Rosana Pérez referiuse á necesidade de construír novos vestiarios para o persoal de descarga, medida, dixo, anunciada  xa por Portos de Galiza. Nesta liña, propuxo que  mentres non se execute   obra “ sexan acondicionados os actuais vestiarios atendendo á normativa de seguridade, salubridade e hixiene vixente”.

Por outra banda, tamén aludiu a aqueles  espazos que na actualidade son ocupados para actividades alleas ás portuarias como os  aparcadoiros.

O porto, explicou,  precisa de tomas de auga e luz, facilitar a concesión a “un prezo razoable” do único local de cafetería e dotalo de norais adecuados ao tamaño e envergadura dos buques para o seu atraque.

Ademais, a nacionalista explicou que  Portos de Galiza obtivo , entre o 2019 e o 2021, unha media de 30 millóns de euros de ingresos anuais, unha cantidade, na súa opinión, “máis que suficiente” actualizar as memorias e informes anuais de súa  xestión na páxina web,  porque a última é do ano 2021. Nos informes de xestión do ano 2020 e 2021, os obxectivos que se presentan para o ano seguinte “son exactamente os mesmos, sen variación ningunha, o que cando menos fai dubidar da credibilidade deses obxectivos que se marcan e, evidentemente, do seu cumprimento”.

Sobre  as “accións en seguridade portuaria, defensas, sinalización, pavimentos, control de accesos a zonas de máxima actividade, balizamento e obras de atracada”, ou a “licitación dun contrato de mantemento e pequeno investimento nas instalacións do conxunto do sistema portuario”, continúan “inamovíbeis ano tras ano” e a realidade diaria constata  que “os portos galegos manteñen graves
deficiencias  sen que Portos de Galiza corrixa estas eivas”.

Neste sentido, recalcou  que o Porto da Pobra do Caramiñal adoce de falta de tomas de luz e auga obrigando aos  camións frigoríficos a permanecer acendidos até completar  a  carga,  hai  arquetas sen tapa de rexistro, escaleiras metálicas de acceso aos barcos deterioradas, pavimento estragado, falta de organización nas  zonas de aparcamento que se sitúan dentro da zona de traballo, peche da única instalación de cafetería que existía para os traballadores e traballadoras e persoal do porto por pago de taxas excesivas, e  “lixo, moito lixo” acumulado a ambas partes da escollera, en terra e, sobre todo, no mar.

O porto da Pobra do Caramiñal, un dos máis importantes de descarga de túnidos de Europa, non pode continuar nesta situación e Portos de Galiza ten unha grande responsabilidade, “Portos de Galiza ten que abandonar o seu labor recadatorio ”e poñer en marcha medidas como o “proxecto de novos vestiarios” para o persoal de carga e descarga.

A deputada do BNG, lamentou que unha vez máis, o Partido popular votara en contra das demandas recollidas na proposta nacionalista e que persista en manter as deficiencias nas instalacións portuarias do Porto do Caramiñal, a pesar da grande actividade que desprega e o movemento económico que xera.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.