Adxudicada a pavimentación de sete camiños nos Areeiros

10 Decembro 2019

A adxudicación dunha nova actuación permitirá a pavimentación de sete camiños situados no lugar dos Areeiros, no concello de Ribeira.

As vías están emprazadas nas inmediacións da estrada DP-7307 que une Ribeira e Aguiño ao seu paso pola parroquia de Castiñeiras e, aínda que presentan un firme de aglomerado, atópanse en mal estado.

Con tal motivo, estenderase nos cinco camiños (de 132, 12, 24, 37, 29, 54 e 70 metros de lonxitude) unha mestura bituminosa en quente de 6 centímetros de espesor. As tapas e rexillas serán recrecidas ata a nova cota.

A obra foi adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez, S.A., supoñendo un investimento de 22.958 euros e o prazo de execución é dun mes e medio.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...