A nova edición da Festa da Dorna presentouse en Santiago

24 Xuño 2019

20190624. O mercado La Galiciana de Santiago foi o escenario elixido para presentar a edición 71 da Festa da Dorna. A cita contará con sete días de celebración, do 18 ao 24 de xullo, onde se desenvolverán 70 actividades para tódolos públicos.

No último día da festa, festivo local en Ribeira, terán lugar actividades de longo percorrido coma o ‘Jran Premio Cutre Shark de Embarcasións Feitas á Machada e Propulsadas a Pan de Millo’.

No acto tamén se deron a coñecer os artistas que se suman ao cartel do festival ‘Rock & Dorna’ e que contará coa presenza de Sés, A Banda da Loba, De Vacas, Boikot e Reincidentes, entre outros.

Por outra banda, a ‘Ruta Estrelas Mijelín de Tapas’ terá lugar os días 20 e 21, na cal Beatriz Sotelo exercerá de xurado.

En dito acto estiveron presentes a presidenta e vicepresidentes da Real e Ilustre Cofradía da Dorna, Lydia Fernández, Jandro Ayaso e Narciso Fernández respectivamente; o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz; a conselleira de Política Social, Fabiola García; o presidente de Frinsa, Ramiro Carregal; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; a directora de promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita; Silvia Rodríguez, de Coca-Cola; e, Lorenzo Coya, de Coyamar.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.