Municipais 2023: Encontro mozo en Boiro en apoio de Martiño coas Xuventudes Socialistas

13 Maio 2023

Durante a tarde deste sábado as Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) realizaron unha entrega de materiais na rúa peonil de Boiro, dentro da súa propia campaña de “bota polo teu concello”, así coma un encontro coa mocidade dun coñecido bar da localidade.
Con esta visita en Boiro as Xuventudes Socialistas veñen a reafirmar o compromiso dos socialistas coa mocidade do Barbanza e en especial de Boiro.
“nunha comarca tan importante como o Barbanza o presente constrúese dende a mocidade, e ese é o noso reto: que os concellos da zona continúen o modelo de Martiño en Boiro”, subliñou o Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, Xurxo Doval.
A campaña “bota polo teu concello” realizada na rúa peonil de Boiro busca motivar á mocidade de cara ás eleccións municipais deste mes de maio, á par que promove a participación e a proposta de ideas entre a xuventude para ao longo de todos os municipio galegos que visitan.
O encontro mozo, que contou coa asistencia de numerosos mozos e mozas boirenses, as XSG fixeron fincapé na necesidade de contar con políticas orientadas á mocidade e a necesidade de contar con xente moza nas diferentes candidaturas pois “o presente da sociedade é mozo, non só o futuro”.

A candidatura socialista ao Concello de Boiro continuou renovándose, tanto nesta nova candidatura como na anterior, non soamente en canto aos perfís dos seu equipo senón especialmente en canto á idade dos mesmos. Un relevo xeracional que vai aumentando a cada lexislatura e que aporta “esa innovación necesaria para o avance da sociedade e de Boiro”, segundo sinalou María Outeiral, actual concelleira de cultura, ensino e xuventude e número 3 da candidatura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.