Boiro asina o protocolo de adhesión ao sistema Viogén para a protección de mulleres

11 Maio 2023

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o tenente coronel xefe interino da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Fernando Pedreira, asinaron este xoves 11 de maio o protocolo de adhesión ao sistema Viogén de protección de mulleres vítimas de violencia de xénero.

Con Boiro, son xa 22 os concellos da provincia da Coruña que se incorporan a esta ferramenta tecnolóxica de seguimento e protección, en palabras de Rivas “un recurso imprescindíbel e necesario para avanzar na protección das vítimas da violencia machista”. A subdelegada aproveitou a súa estadía en Boiro para facer un chamamento a aqueles concellos que que aínda non se adheriron ao sistema a Viogén para que o fagan “e seguimos dando os pasos correctos na erradicación da violencia contra as mulleres”.

Como lembraremos, o sistema Viogén permite que a Policía Local dispoña de máis información sobre todos os casos activos de violencia machista no municipio. Deste xeito, os propios axentes locais pasan a asumir o seguimento e control dalgúns destes casos, xeralmente daqueles que son considerados de nivel de risco baixo ou non apreciado. Nos casos de maior risco é a Garda Civil a que se encarga do seguimento.

Actualmente na provincia da Coruña son 1.979 as vítimas de violencia de xénero con casos activos na provincia, unha cifra que demostra a importancia de contar con estes sistemas de vixilancia e protección.

A subdelegada trasladou ao alcalde, José Ramón Romero o seu agradecemento polo esforzo realizado no desenvolvemento das políticas de igualdade e de loita contra a violencia de xénero, tal como evidénciase nas medidas adoptadas e que culminarán coa incorporación da Policía Local ao sistema Viogén.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...