Este sábado celébrase en Rianxo o festival Vai de Bares (e o seguinte sábado, o festival infantil TR3S PRA 3)

10 Maio 2023

A gran festa cultural do mes de maio terá un dos seus puntos culminantes este sábado 13 de maio, cando a Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda, coa colaboración do Concello, organice o festival Vai de Bares. O evento comezará ás 19h30 cunha ruta polos bares do pobo, onde se poderá gozar da música tradicional en directo. A cita culminará cunha foliada aberta na praza de Rafael Dieste, onde os músicos locais e visitantes uniranse para celebrar a cultura e a tradición musical da nosa terra. Será unha tarde-noite chea de alegría e boa música, na que os amantes da música tradicional terán a oportunidade de gozar dun ambiente único e relaxado. Podemos obter máis información no Facebook da asociación.

Vai de Roda volve á palestra o sábado 20 de maio, no Auditorio de Rianxo, co festival infantil TR3S PRA 3 de música e baile tradicional galegos, organizado (tamén) en colaboración co Concello. Será ás 6 da tarde, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Contarase coa participación dos amigos de Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela e O Fiadeiro de Vigo, que compartirán escenario cos artistas locais. O obxectivo do festival é “promover a música e a danza tradicional entre os nenos e as familias, estimulando o coñecemento e a valorización da cultura popular galega”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.