Servizos Sociais e Benestar de Dodro, en colaboración co Grupo de Emerxencias Supramunicipais organizan unha charla sobre prevención de accidentes domésticos. A sesión enmárcase nas charlas informativas destinadas a mellorar a calidade de vida da veciñanza do concello organizadas polo dito departamento municipal.
Neste caso será o Grupo de Emerxencias Supramunicipais da Comarca de Padrón quen se achegue á Casa de Cultura o próximo mércores 10 ás 19:00Hs.
O concelleiro delegado da área de Servizos Sociais e Benestar Xoán Bautista Mariño Abuín (BNG) quere afondar na concienciación sobre os riscos que podemos atopar no noso día a día doméstico, “de aí que esteamos insistindo na prevención”.
O GES, con sede en Padrón, conta con persoal e material que actúa en situacións de emerxencias na comarca do Sar, pero tamén realizan sesións informativas. Por un lado darán a coñecer o servizo do GES Comarcal e por outra banda aconsellarán nesta charla á cidadanía sobre como evitar ou actuar diante de accidentes no ámbito do fogar.




