Juan Carlos Silva e María Guldrís dan emoción ao Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica

07 Maio 2023

Juan Caballero.- O presidente de ADECO-DEA (Asociación Deportiva Costa Oeste – Deporte Adaptado) Pepe Barrio, xa advertía a pasada semana no arranque do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica disputado en Portosín, que “a tempada presentábase con moito nivel e máis competitiva que en anos anteriores”. E razóns non lle faltaban, xa que tras a celebración da segunda proba valedoira para o título autonómico demostrou que o abno de candidatos e candidatas ao cetro galego ten moitos novos talentos que están a empezar a aflorar.

O Centro Náutico do Freixo, no Concello de Outes, albergou este sábado esta segunda cita coa motonáutica inclusiva, convocada como organizadores desde o propio Concello de Outes, ADECO-DEA e a Real Federación Galega de Motonáutica.

O tempo medio establecido para esta segunda proba era de 4 min. 30 segundos, trazando unha xincana con boias a babor e estribor, fondeo, pelota-cesta, atracada e, como proba de dificultade engadida con respecto á xornada de Portosín, a captura dun aro mediante o bicheiro, amarrado a unha boia flotante que había que embarcar e volver largar.

Se o inicio do campionato tiña por titulares aos vigueses José Luis Álvarez e Gonzalo Riveira, a segunda proba tivo outro medalleiro ben distinto, sendo o ouro en Outes para os noieses Juan Carlos Silva e María Guldrís, que conseguían a mellor puntuación respecto aos segundos clasificados, o piloto de Sada Carlos Facal con Joaquín Bouzas de auxiliar, e aos terceiros, os tamén noieses Joaquín Barrio asistido polo propio Joaquín Bouzas.

“Antes de nada agradecer a organización do evento á Real Federación Galega de Motonáutica, á Agrupación ADECO-DEA e ao seu presidente Pepe Barrio, por permitir que Outes poida ser sede deste evento”, comentaba Daniel Rodríguez, concelleiro de Deportes de Outes.

“Desde o Concello de Outes serán sempre benvidos ás instalacións do Náutico do Freixo, onde teñen á súa disposición todo o material e persoal que necesiten para que a celebración desta proba transcorra coa maior normalidade posible”, matizaba o edil coruñés.

“É un pracer abrirlles estas instalacións, que contan cunha localización privilexiada ao fondo da ría con augas tranquilas para o seu uso deportivo, sendo esta proba unha mostra máis da aposta firme polos deportes náuticos que o Concello vén realizando no presente mandato. E, por último, felicitar aos gañadores e desexarlles sorte a todos os participantes nas seguintes probas que quedan para finalizar o campionato”, terminaba dicindo Rodríguez.

A terceira proba terá por sede a localidade pontevedresa de Tomiño, o sábado 3 de xuño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...