O rianxeiro Ramón Torrado presenta na súa terra o libro A Petición de Auli

01 Maio 2023


O vindeiro xoves 04 de maio, ás 20.00h terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro A Petición de Auli do escritor rianxeiro Ramón Torrado Romero.

Na presentación o autor estará acompañado de Adolfo Muíños, alcalde co Concello de Rianxo, Ignacio Castro, filósofo e escritor compostelán, e de Edurne Baines, editora de Editorial Belagua.

Ficha de A Petición de Auli

Non é doado para os protagonistas desta emotiva novela de Ramón Torrado Romero, dous seres perdidos, faltos de afecto e con escasa fe no ser humano, estar en sintonía, pero as experiencias comúns e o tempo compartido irán derrubando os muros que os separan.

Porén, ambos vivirán as súas aventura interiores de forma moi diferente. E cando, ao final da expedición, Andrea vese como o sostén que axudará a Auli a vencer os obstáculos da vida, este sorprenderao cunha petición imposible de asimilar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...