Unha noite de San Xoán con incidentes en Rianxo

24 Xuño 2019

20190624. A Policía Local de Rianxo tivo que actuar en numerosas ocasións durante a noite de San Xoán. Unha delas foi a persecución que protagonizou a autovía do Barbanza, onde finalmente foi interceptado o vehículo dun mozo de 21 anos, oriúndo de Dodro, e que deu positivo en alcoholemia.

Tamén foi precisa a súa intervención para recuperar unha escavadora roubada en Boiro, así como en diversos actos vandálicos entre os que figura o traslado de contedores do lixo e sinais, o intento de queima de varias papeleiras no paseo marítimo e a rotura da obra da Santa Compaña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.