A Plataforma Comarcal Contra os Vertidos da Mina de San Finx vai facilitar autobuses para todas as persoas interesadas en acudir este sábado, día 29, á manifestación que se levará a cabo diante da sede da Xunta en San Caetano a partir das 12:00 horas.
Despois da multitudinaria concentración levada a cabo en Noia o pasado 4 de marzo, a plataforma chama de novo á mobilización para “reclamar á Xunta de Galicia que dea marcha atrás na autorización do vertido á rede fluvial da ría de centos de miles de metros cúbicos de achiques de mina, cargados con metais pesados como o cadmio, cobre e zinc, procedentes da antiga mina de volframio e estaño de San Finx, en Lousame”.
Para facilitar a chegada ata Santiago de todos os interesados en unirse á manifestación, dende a plataforma comarcal póñense ao servizos dos veciños e veciñas da comarca tres liñas de autobús.
Os gastos serán sufragados polo Concello por iniciativa do Partido Independiente N.O.I.A (Noieses Independentes Agrupados), adherido tamén á plataforma.
A primeira das liñas sairá de Muros (diante do quiosco Roquiño) ás 10:00 horas. Fará paradas no Cruce S. Comba (a Tremenda); Bar Paca (despois da gasolineira); Abelleira (na parada de autobuses); Tal (Bar Caxuto); Esteiro (diante do Carmiña); O Freixo (diante da de Martínez, antigo Correos); Siavo (marquesiña da parada de autobuses); Catasueiro (marquesiña da parada de autobuses); San Cosme (diante do Carballés e en Vara); Cruceiro de Roo (diante do Cruceiro); en Brión (fronte á parada de autobuses); en Serra de Outes (enfronte da parada de taxis); así como en Ribasdemar (enfronte da parada de autobuses)
O autobús da empresa Autos Comparado regresará polo mesmo percorrido ás 14:00 horas.
A segunda liña de autobús sairá dende Porto do Son, na marquesiña da parada de buses en Queiruga, ás 10:00 horas. No seu traxecto fará tamén paradas en Nadelas; Tarrío (Bar Constantino); Campos (parada autobuses); Baroña (marquesiña da parada de autobuses); Abuín (marquesiña da parada de autobuses); Arnela (Bar Pino); Porto do Son (marquesiña da parada de autobuses na estrada xeral); Nebra (cruce fronte ao Universal); Portosín (parada de autobuses da estrada xeral, Bar Amigo) e Boa (diante do Bar Fontinas).
Repetirase o percorrido da compañía Autos Comparado de volta dende Santiago ás 14:00 horas. A terceira liña, de Autos Dosil, sairá da estación de autobuses de Noia a partir das 10:30 horas. Dende a plataforma faise unha chamada a todos os sectores de Galicia a unirse a estas reivindicacións e a participar na manifestación en Santiago co fin de poñer freo a esta resolución inxustificada da Xunta e pedir xustiza e un futuro para a xente e a economía da comarca de Muros e Noia. Estes vertidos ilegais poñen en risco o banco marisqueiro máis importante do mundo é con el o modo de vida de toda a comarca.




