Os Bolechas percorren as parroquias de Ribeira nun libro impulsado polo CIM

05 Decembro 2019

O Concello de Ribeira repartirá no último curso de Infantil e primeiro de Primaria de tódolos centros educativos do municipio un libro no que os personaxes de Os Bolechas percorren as nove parroquias de Ribeira. Unha acción enmarcada dentro da programación do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o 25 de novembro. Así o deron a coñecer esta mañá a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Ana Ruiz, e a directora do Centro de Información á Muller (CIM), Dolores Crujeiras, a entidade impulsora da iniciativa, para a cal recibiu unha achega da Xunta de Galicia a través de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no marco do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

Así, editáronse un total de 1.500 exemplares desta publicación titulada Os Bolechas van a Ribeira. A igualdade entre nenos e nenas, onde se ilustran enclaves tan significativos coma o dolmen de Axeitos, o porto de Palmeira, o miradoiro de Pedra da Ra ou, por suposto, as propias instalacións do CIM. Deste xeito, a medida que os personaxes van percorrendo o territorio ribeirense transmiten mensaxes que van a prol da igualdade e a liberdade sexual e contra o maltrato e a violencia.

Neste senso, a edil Ana Ruiz manifestou que se trata dunha forma de “inculcar aos rapaces uns valores e que todo debería ser en contra da violencia de xénero e de calquera violencia en si, ademais de promover a igualdade.”

Pola súa parte, Dolores Crujeiras explicou que o contido do libro é profundo, pero resulta doado captar a súa mensaxe, especialmente para aqueles cativos que se inician na lectura. Desta maneira, a publicación aborda “cousas moi básicas, pero que consideramos que son moi importantes”, ademais de que “en poucas palabras, estanse dicindo moitísimas cousas.” Así mesmo, expuxo que é unha forma de non só chegar aos máis pequenos, senón tamén ás súas familias unha vez leven o conto ás súas casas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.