Un tapadillo de prostitución situado en Ribeira foi o escenario dunha presunta estafa da que foi vítima un home que sufriu a subtracción duns 6.000 euros, segundo recolle La Voz de Galicia.
Isto ocorreu tras contratar o servizo de dúas mulleres, unha das cales aproveitou un descoido do cliente para realizar diferentes ingresos a través de Bizum, método de pago que empregara o denunciante do caso, á conta dun terceiro.
A Policía Nacional detivo a dúas mulleres e a un dos beneficiarios da conta na que se realizou o ingreso.




