Alumnado do CEIP O Grupo coñece na praia dos Areos oproceso extractivo dos bivalvos

26 Abril 2023

A Pobra do Caramiñal prosegue achegándolle á comunidade educativa coñecementos sobre o
mundo marisqueiro en formato de obradoiros. Neste 26 de abril, contou coa participación dun grupo de 50 escolares do 4.° da primaria do CEIP O Grupo de Ribeira.
Tralo seu paso polo Auditorio do Museo Valle-Inclán para recibiren unha explicación da actividade por parte de persoal do Turismo do Concello, chegou o momento de levar á práctica esas nocións básicas. As propias mariscadoras ofreceron na praia dos Areos unha charla didáctica para incrementa-los coñecementos adquiridos previamente coa proxección dun vídeo que repasa todo o proceso polo cal pasan os bivalvos ata que chegan aos pratos das e dos comensais. Deste xeito, a rapazada aprendeu sobre a riqueza do noso litoral, os diferentes recursos marisqueiros e o proceso de extracción destes.
Recibiron, ademais, unha publicación que aglutina receitas de establecementos hostaleiros da localidade co produto do mar como base. Diferentes cursos deste colexio xa puideron desfrutar da experiencia en
semanas previas e o seu paso por estes talleres finalizará a comezos do mes de xuño.
A concelleira do Turismo, Charo Varela, manifesta que se continúa así con estas visitas-experiencia dirixidas a centros educativos de toda Galicia para lles achega-la tradición mariñeira ás xeracións máis novas ao tempo que se contribúe á desestacionalización da demanda turística.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.