Conta atrás para a celebración do Pampallín en Outes (este domingo 30)

26 Abril 2023

Comezou a conta atrás, no concello de Outes, para a nova edición (a de 2023) dunha das celebracións locais máis agardadas do ano: Pampallín. Desenvolverase o vindeiro domingo 30 de abril, novamente impulsada dende o Concello, co apoio da Deputación da Coruña.

O lugar elixido será unha vez máis a praza de Galicia a partir das 17:00 horas con actividades para a rapazada (xogos populares e tradicionais e inchábeis para nenas e nenos, todo amenizado pola música de Peque Disco Moc Moc) e xa a partir das 22:00 horas empezarán os concertos, primeiro coa ruada de Somdolilá, e logo, a partir das 23.00 horas, coa verbena do Grupo América e Ortiga e Pili Pampín, rematando o menú musical Discomóbil Chocolate.

A vertente gastronómica do evento festivo virá da man dunha polbeira.

A festa do Pampallín de Outes, para quen non o saiba, é unha celebración tradicional e histórica co-impulsada dende o Concello e a través da cal festéxase o ciclo da primavera e a purificación propiciada polo lume (representado polos fachos de palla que dende tempos inmemoriais empregaban os labregos para ver de noite).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.