O conflito pola mina de San Finx chega ao Tribunal Superior de Xustiza e ás rúas de Santiago (o vindeiro 29 de abril)

25 Abril 2023

O conflito pola tentativa de reabrir as minas de San Finx, en Lousame, achegou un novo capítulo de novidades. Por unha banda, lembrar que a plataforma comarcal encabezada polas confrarías ultima os preparativos para a manifestación convocada para este sábado, día 29, en Santiago. Pola outra, esta semana foi interposta ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a primeira das demandas contra a decisión da Xunta de permitir os vertidos de augas residuais da mina.

Segundo explican dende a Confraría de Pescadores de Noia, principal impulsora das mobilizacións, con esta acción xudicial tentarase paralizar, mediante unha solicitude de medidas cautelares, a negativa da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que dirixe Ethel Vázquez de suspender a executividade da autorización de vertidos concedida o pasado mes de xaneiro a unha filial da empresa australiana Pivotal Metals. “Esta medida”, sinalan, “é clave xa que a comezos de maio vence o prazo de tres meses cos que a Xunta contaba para resolver os numerosos recursos de alzada presentados, anticipándose ademais un aluvión de novas demandas por parte de confrarías, concellos e organizacións ecoloxistas”.

Dende o pósito noiés tamén lembran que proseguen as voces de protesta entre os colectivos implicados neste vertidos ilegais, que alertan que intensificarán as accións na rúa. Así, indican, “logo da multitudinaria manifestación que paralizou Noia o pasado 3 de marzo, a plataforma comarcal chama a unha nova concentración este mesmo sábado, ás 12:00 horas, diante da sede da Xunta en San Caetano”.

Para facilitar a participación dos diferentes colectivos e das familias, a plataforma pon a disposición dos interesados un servizo de autobuses. Haberá diferentes rutas que partirán o sábado desde a estación de autobuses de Noia ás 10:30, e desde Muros e Queiruga ás 10:00. Inclúe paradas nas principais localidades do percorrido.

Para a confraría noiesa, “está en xogo o futuro do banco marisqueiro máis importante do mundo, dos pescadores, da xente do mar, pero tamén dos veciños e veciñas da comarca, polo que dende as confrarías e a plataforma contra os vertidos advirten que non consentirán que entre en funcionamento esta mina ilegal”.

Dende a Confradía de Noia tamén se fai un chamamento a sumarse á Plataforma a través da web: https://www.cofradianoia.es/es/

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.