Os socialistas de Boiro piden no pleno o apoio do Concello aos bateeiros

25 Abril 2023

Os socialistas de Boiro levarán ao pleno do vindeiro xoves 27 de abril unha moción relativa a instar á Xunta de Galicia a solucionar o problema da mexilla e mostrar o apoio do Concello de Boiro ao sector bateeiro. A proposta contempla a derrogación do artigo 13 do decreto, tal e como demanda o sector.

Segundo avanza o grupo socialista local, “o sector bateeiro, un dos principais motores económicos de Boiro, atópase nunha situación de crise dende fai meses debido ao abastecemento da mexilla por mor da decisión unilateral da Consellería do Mar da Xunta de Galicia de restrinxir as zonas da costa nas que se permite a extracción da cría”. E engaden: “Esta decisión de privatizar parte da costa galega en beneficio duns sector e perxudicando gravemente a outro xerou un conflito que non existía na explotación dos recursos do mar”.

Os socialistas tamén sosteñen que dende o ano 2019, intre no que as principais entidades do sector comezaron a alarmar sobre as posibles consecuencias desta delimitación da costa, “a Consellería do Mar non mostrou ningún interese en solucionar ao conflito que enfronta ao sector dos bateeiros e mexilloeiros”.

E engaden: “Ante a gravidade deste problema a Conselleira do Mar segue sen facer nada para solucionar este conflito polo que instamos ao presidente da Xunta, o señor Alfonso Rueda, para que asuma as súas responsabilidades e, dunha vez por todas, resolva a problemática da mexilla que está a afectar directamente á economía de centos de familias”.

A xeito de conclusión, din que “o sector mexilloeiro é fundamental para a economía de Boiro, del dependen moitas familias e postos de traballo, directo e indirecto, a van contar co noso apoio para poñer solución a este conflito”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.