Sergio Pazos homenaxea o oficio de afiador este domingo na Pobra

05 Decembro 2019

O galego Sergio Pazos, actor, humorista, presentador e monologuista, vai estar este 8 de decembro no Teatro Elma da Pobra (ás 19.00 horas) representando o seu espectáculo Afiando con humor. A obra, que é de balde, é unha proposta na que o actor ourensán debulla as cousas do mundo a través dunha das nosas máis antigas e representativas profesións: a do afiador.

O actor aproveita que vén de Ourense, coñecida como a “terra da chispa” (por ser terra de afiadores), e métese na pel dun deles para contar á xente quen son, de onde veñen e onde van estas persoas que “sempre percorreron o mundo contando historias do que vían, do que vivían e do que escoitaban”.

Segundo explica o Concello da Pobra, impulsor desta nova cita cultural (a través da Concellería de Cultura en colaboración coa Deputación da Coruña), Afiando con humor é un espectáculo de narración oral onde se pretende “dignificar, recuperar, e falar da vida destes profesionais ancestrais”, unha vida itinerante, dura, solitaria ás veces, pero “unha vida chea de orgullo” e, tamén, de historias que contar.

Sergio Pazos reivindica así un xeito de traballar e vivir que se está a perder para sempre na nosa terra, aínda que tamén é certo que en certa maneira os seus modos profesionais seguen aínda vixentes: “Non hai que esquecer que o afiador é o primeiro emprendedor, o primeiro autónomo, o primeiro emigrante, ou como dirían naquel anuncio da televisión: tres nun”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.