“Hoxe, Día da Nai Terra” – Manuel Domínguez

22 Abril 2023

Hoxe e o Día da Nai Terra.

No ano 1855, o xefe indio sioux Sealth pronunciou un discurso dirixido ao home branco, no que expresaba a filosofía do seu pobo: “A terra non pertence ao home; o home pertence á terra”.

E así é, aquí nacemos, aquí vivimos e aquí descansaremos nunha eternidade eterna, se é que un día isto non ten fin.

O planeta Terra está enfermo, camiño a entrar na UCI.
Hai quen dixo que a próxima guerra era pola auga, conflitos xa hai.
O 7 de decembro de 2020, o índice Nasdaq Vailles California Water Index comezou a cotizar en bolsa.

É alarmante a situación.

Habería que reducir o crecemento, pero países que están en vías de desenvolvemento dirán, nós estamos a crecer vostedes xa contaminaron e creceron.

Se un político como mostra a imaxe superior recolle da beira do río uns plásticos para ensinar a contaminación e logo tira os plásticos ao río, que do río irán á mar, se eses son os nosos políticos que clase de defensa ecolóxica nos agarda.

Os países máis poboados e industrializados do mundo encabezan a lista dos países que lanzan máis emisións de CO2 á atmosfera do mundo. Polo que os tres países que máis CO2 emiten son: China, Estados Unidos e India.

Pódeselle pedir a estes países reduzan a súa contaminación e reduzan o seu crecemento, por pedir pódeselle pedir, pero faríannos caso, absolutamente non.

A cobiza, non ten parangón.

O home é o peor inimigo do home, como colectividade estamos a suicidarnos, hai que transformar o sistema, non é válido, non, non é válido, polo menos para min a teoría “pago por contaminar, dereito a contaminar se pago a sanción por iso”.

Temos que educar.

Un avó plantaba unha maceira, e o neto dille: “Avó para que plantas a maceira se as túas nunca serás quen de vela, nunca lograrás comer o seu froito”, ao que o avó responde: “As mazás que hoxe comes ti, alguén as plantou pensando en ti”.

Quen goberna ten que cambiar o seu pensamento, pero desde o pedestal da súa posición, difícil labor.

Os políticos pensan nas próximas eleccións, os estadistas nas próximas xeracións.

“Hai homes que loitan un día e son bos. Hai outros que loitan un ano e son mellores. Hai quen loita moitos anos, e son moi bos. Pero hai os que loitan toda a vida: eses son os imprescindibles.” Bertolt Brecht.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.