Chega unha nova edición das andainas de Outes polo seu patrimonio natural e cultural

21 Abril 2023

O Concello de Outes presentou os detalles da nova edición das súas andainas, destinadas a mostrar cada domingo desta tempada, ante veciños e visitantes, os tesouros ambientais, paisaxísticos e patrimoniais das parroquias do termo municipal.

As inscricións deberán formalizarse na Casa da Cultura (📞 981 850 950) dende o luns anterior a cada andaina.

Comezarán este domingo 20 de abril cunha saída ás Capelas e ao Castro de San Ourente, e seguirán o domingo 7 de maio cunha excursión guiada de Mirás a Carleo polo Cristo de Baneo. A terceira das andainas será o domingo 14 de maio, de San Tirso de Cando á Catedral da Electricidade. a Cuarta celebrarase o domingo 21 do mesmo mesmo, sendo un percorrido pola historia do Freixo e do Rego de Rial. O domingo 4 de xuño haberá unha saída a Santa Lucía por Entíns, e sete días máis tarde farase un itinerario camiñado polas beiras do río Bendimón. O domingo 18 de xuño os participantes poderán coñecer a orixe do concello de Outes, e o 25 de xuño farase unha andaina cara a Torre dos Mouros e as Fervenzas de San Paio.

Outros artigos

Noia alzou a voz contra a violencia machista

Na mañá deste mércores 25 de novembro, o alumnado dos centros educativos de Noia foi protagonista da lectura do manifesto con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A axenda deste mércores deu comezo ás 11.45 coa lectura da...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...