O Centro Dramático Galego vai fretar de novo o seu bus teatral para a veciñanza do Barbanza. Sairá de Ribeira o día 26 de abril para asistir á representación de Un hotel de primeira sobre o río, de Xohana Torres, unha produción do Centro Dramático Galego, no Salón Teatro en Santiago de Compostela. É unha iniciativa abeirada ao Plan de Mobilidade do CDG.
O autobús sairá de Ribeira ás 16.30 horas. O prezo será de 3 euros, incluíndo o transporte e o billete para o teatro (pagarase na billeteira en Santiago).
Reservas: enviando un correo co nome e apelidos e un teléfono de contacto a normalizacion@ribeira.gal ou no teléfono 981 835 650 de luns a venres de 9.00 a 14.00 h.
Un hotel de primeira sobre o río é o resultado do diálogo do texto orixinal co teatro de movemento, a danza, a música e as artes visuais. Cunha coidada composición estética e unha rigorosa investigación sobre xestos e imaxes, a peza convídanos a abordar diferentes xeitos de vivir no ámbito rural e a cuestionar a xestión dos recursos naturais.

Ficha artística
Texto: Xohana Torres
Dirección e dramaturxia: Gonçalo Guerreiro e María Torres
Elenco: Iván Davila, Raquel Espada, Sofía Espiñeira, Merche Pérez, Nicolás Otero, Pablo Sánchez e Lidia Veiga
Equipo artístico
Textos complementarios: María Torres
Escenografía: Gonçalo Guerreiro
Vestiario e produción de arte: Carolina Díguele
Composición musical: Manuel Fonte Loureiro
Iluminación: Nacho Martín
Asistencia de produción: José Díaz
Asistencia de dirección en xira: Laura R. Duarte



