Alumnado dos colexios de Carreira e Artes participan nun intercambio escolar con Vila Real (Portugal)

20 Abril 2023

Un total de 27 nenos e nenas de 5º e 6º de primaria dos CEP de Carreira e CEIP de Artes viaxaron este mércores ata a localidade portuguesa de Vila Real para tomar parte nun intercambio escolar promovido polo Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.

Os rapaces viaxaron acompañados do seu profesorado e da técnica municipal de Normalización Linguística do Concello, Alicia Padín, non só para vivir unha enriquecedora experiencia que favorece a autonomía das persoas novas, senón tamén para encher de contido a recoñecida como Lei Andrade, que ten como obxectivo a promoción do uso do galego e do portugués entre a nosa poboación.

Segundo confirmou Alicia Padín, o intenso programa de actividades está a ser de gran proveito para os estudantes das dúas cidades, que estreitaron uns lazos de amizade que se verán fortalecidos en maio coa visita de volta de Vila Real a Ribeira.

No centro o Vicepresidente da Camara Municipal de Vila Real e concelleiro de Educación e Ensino, Alexandre Favaios. Na dereita o Director do Agrupamento de Escolas Diogo Cao, Armando Felix

A comitiva de Ribeira foi recibida no Salón Nobre da Cámara Municipal de Vila Real polo vicepresidente da Cámara e concelleiro de Educación e Ensino, Alexandre Favaios; e polo director do Agrupamento de Escolas Diogo Cao, Armando Felix.

A continuación fixeron unha andiana polo centro da cidade ata o citado Agrupamento de Escolas, onde levaron a cambio actividades en común como unha aula de robótica, comedor, etc… A xornada concluíu cunha camiñada polos Pasadizos do Corgo e unha cea na Residencia de Estudantes.

O programa deste xoves 20 inclúe a visita ao Palacio de Mateus, un xantar no Agrupamento de Escolas Diogo Cão e outra visita ao Centro de Ciencia/Axencia da Ecoloxía no Parque Corgo antes de emprender o regreso a Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.