Os centros da Pobra e Boiro, entre os que recibirán axuda da Deputación para a dinamización dos seus coworking

20 Abril 2023

A Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia a resolución de concesión da nova liña de subvencións do Plan de Emprego Local: PEL-Rede Coworking, unhas  axudas destinadas a dinamización e xestión dos espazos de traballo adheridos á Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo da Deputación da Coruña.

Estas axudas tramitáronse en réxime de concorrencia non competitiva, xa que dirixíase exclusivamente a aqueles concellos e entidades que contasen con centros de coworking xa adheridos á Rede Provincial.

Grazas a estas axudas os espazos de coworking da Rede Provincial da Deputación contarán coa asistencia de persoal especializado para a súa xestión, funcionamento e dinamización durante 2023, recibindo ata o 60% dos gastos.

O coworking A Pobra, o Green Coworking das Pontes, o coworking da Capela, o Espazo A Proa de Ames, o centro Transformando en Brión, o LAB Barbanza de Boiro, o Centro de emprendemento A Estación de Vedra e o Centro Comarcal de Desenvolvemento Rural A Fusquenlla de Moeche, todos eles integrantes da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo, beneficiaranse destas axudas, con subvencións que oscilan entre os 8. 580 euros e os 25.500 euros.

Actualmente a Rede Provincial de Espazos de Coworking da Deputación da Coruña está integrada por 11 espazos de traballo colaborativo localizados por toda a provincia, especializados por sectores estratéxicos e que prestan servizos de apoio ao emprendemento e fomento do autoemprego con carácter supramunicipal.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...