O alumnado do programa Tahume VIII traballa na praia do Cruceiro en Porto do Son

20 Abril 2023

Este mércores 19 de abril o alumnado do Certificado de Confección e Montaxe de Artes e Aparellos do Obradoiro de Emprego Tahume VIII (impulsado polos concellos de Porto do Son e Ribeira) comezou a actuación de protección ambiental e mellora nas pasarelas que van a desenvolver na praia do Cruceiro de Porto do Son. En concreto, están a traballar na disposición de redes de elaboración propia para a protección da contorna natural.

A oitava edición do Obradoiro de Emprego Tahume comezou o pasado 3 de outubro, sendo a súa finalidade favorecer a inserción laboral das persoas desempregadas dos dous municipios (Ribeira e Porto do Son) a través de formación especializada, avanzada e dunha índole marcadamente práctica, poñendo o foco na mocidade local. Un total de vinte alumnos e alumnas participan nesta convocatoria, unha edición dual con dúas especialidades distintas: por unha banda operacións básicas de cociña e pastelería e, pola outra, confección e montaxe de artes e aparellos.

A especialidade de Confección e Montaxe de Artes e Aparellos, está dirixida a oito persoas. Nesta formación, os asistentes desenvolverán este tipo de traballos para fondos expositivos dos museos, ambientación de feiras e outras actividades estivais, decoración de espazos urbanos, divulgación en centros escolares ou para o seu uso en instalacións deportivas, para canastras, porterías, etc…

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.