A ANPA do EEI Fernández Varela reunirase co responsable de Educación en xullo

24 Xuño 2019
Cedida por proxenitores do EEI Fernández Varela

20190624. Os proxenitores do alumnado do centro pobrense EEI Fernández Varela tiñan programado un encontro para o venres da semana pasada con Indalecio Cabana, xefe territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional na provincia de A Coruña. O obxectivo era trasladarlle as súas queixas e tentar buscar unha solución, pero a xuntanza foi cancelada.

Segundo manifestou Ana Otero Pérez, nai dun escolar, anularon a cita porque lles comunicou que “non entendía o tema que se ía tratar, non estaba concertado por representantes da ANPA e ao alcalde tampouco quixo recibilo, xa que se quería falar con el debía pedilo por outra vía.” Aínda que si recibiu á nai dun neno do centro que ten un problema concreto.

Deste xeito, postergouse a reunión para o 8 de xullo á cal acudirá a ANPA.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.