A Fundación Castelao terá sede propia na Cidade da Cultura

18 Abril 2023

A Consellería de Cultura e Educación e a Fundación Castelao veñen de ratificar un acordo polo que se cede a esta institución un espazo na Cidade da Cultura para a instalación dunha sede e, tamén, para a realización de actividades culturais e de divulgación ao redor da figura do creador e escritor de Rianxo. O convenio foi asinado este martes 18 de abril no Gaiás polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez González, e o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane. Na cita tamén participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane, asinarán un acordo para a instalación dunha sede na Cidade da Cultura. foto xoán crespo

Rodríguez salientou que o obxectivo desta colaboración é “avanzar nun maior coñecemento se cabe do legado dunha das principais referencias intelectuais, literarias e artísticas de Galicia, parte fundamental da nosa historia”, ao tempo que lembrou que coidar e protexer a obra de Castelao para o presente e o futuro “debe ser responsabilidade de todos os axentes culturais”.

Neste sentido, o conselleiro quixo agradecer á Fundación Castelao o traballo que levan desenvolvendo durante case catro décadas na difusión e coñecemento do autor.

O presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane, salientou o compromiso da institución que representa para continuar a “achegar a figura de Castelao á cidadanía do mundo, en todos os soportes con todos os medios”.

O acto contou tamén coa presenza da directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, e da secretaria e a tesoureira da Fundación Castelao, Diana Santiago e Ruth Varela.

A través deste acordo, a Fundación Castelao súmase a outras institucións, asociacións ou entidades culturais que contan cun espazo físico na Cidade da Cultura e que inclúen, entre outras, algunhas seccións da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega, así como a Asociación de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), a Federación Galega de Bandas de Música Populares, a Academia Xacobea, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil ou a Federación de Libreiros de Galicia.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane, asinarán un acordo para a instalación dunha sede na Cidade da Cultura. foto xoán crespo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...