O Patrocinio en Rianxiño celebrarase os vindeiros 29 e 30 de abril, sábado e domingo, a partir das 18.00 horas do horas. O programa, nesta primeira xornada, inclúe xogos e obradoiros para todas as idades e a partir das 19.00 horas un Serán de Música Tradicional. A axenda de actividades, no apartado gastronómico, inclúe papas de arroz e chocolate quente de balde para as persoas asistentes, ademais de sorteos de premios.
O Patrocinio está organizado pola Asociación Fogo Fatuo de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo, a Deputación da Coruña e a veciñanza de Rianxiño.

Para participar no serán é necesario inscribirse no teléfono 663 322 149 ou no correo-e fogofatuo@fogofatuo.es.
O domingo 30 de abril haberá unha alborada coa actuación dos gaiteiros de Fogo Fatuo e ás 13:00 horas, terá lugar a misa na capela de San José.



