“Negocio ou dereito” – José Manuel Pena

17 Abril 2023

A vivenda, despois de corenta anos de democracia en España, continúa sendo un problema importante e que afecta a demasiadas familias. A pesar de que as competencias son das Comunidades Autónomas, moitas, entre elas a Xunta de Galicia, adoptaron escasas medidas e as que se implementaron non foron eficaces para avanzar na aplicación real do Dereito á Vivenda.

Os políticos, segundo a ideoloxía, basean a súa acción de goberno dentro das súas prioridades e para a dereita política a vivenda nunca foi unha cuestión fundamental, deixando todo aos vaivéns do libre mercado e á especulación máis feroz. A curto prazo, non é cuestión de construír máis vivendas, senón de aproveitar as construídas en mans da Sareb e dos fondos de investimento, que se atopan sen habitar, para poñelas ao dispor das familias vulnerables a través de alugueiros sociais, asequibles.

En España entendeuse a vivenda como un negocio e non como un dereito fundamental. Por iso as medidas, en materia de vivenda, foron máis ben escasas e as poucas que se levaron a cabo unicamente eran para favorecer a burbulla inmobiliaria, xerar a crise do ladrillo, subvencionar aos propietarios de inmobles e inxectar diñeiro público ás entidades financeiras, en detrimento de os arrendatarios e dos hipotecados.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.